Friday 03 de May de 2024

María Antonia Cao López presenta o seu libro “Rosas y espinas” no seu Brión natal


A sala municipal de exposicións de Brión encheuse na noite de onte para acoller a presentación do libro “Rosas y espinas”, escrito por María Antonia Cao López, veciña de Os Ánxeles pero residente en Barcelona. Un evento ao que asistiron familiares e amizades da autora, así como un numeroso grupo de veciños e veciñas que quixeron arroupar a María no seu debut como escritora.

O acto contou coa presenza do alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, e da concelleira de Cultura, María Rosa Romero. Ademais, María Antonia Cao estivo acompañada polo seu esposo, José Eduardo Limiñana, e pola avogada Vanesa Castro Ramallal.

“Rosas y Espinas” é unha novela de 288 páxinas publicada por Letrame que conta a viaxe que Marian emprende cara un lugar descoñecido coa ilusión de triunfar no amor e deseñar a súa vida. Un camiño e uns soños que persegue tamén Eduardo, o que os levará a un encontro coas adversidades que lles impuxo a vida.